Seguimos coas presentación das persoas que van participar nas xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Logo do xantar, retomaremos a sesión de tarde da man de Clara Griera. Baixo o título “L'Olivera, 42 anos de economía social” Clara presentara o traballo desta cooperativa situada en Vallbona de les Monges, no rural catalán. L'Olivera é unha cooperativa de integración social que incorpora a persoas con dificultades e que produce viños e aceites en Vallbona de les Monges, na Catalunya rural.
Clara Griera é enxeñeira técnica agrícola e licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, ademais de traballar na cooperativa forma parte da CUP. Achegamos a entrevista a Clara para Nosotras las Personas > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2014-04-08
Etiquetas:A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e feminismos". Entre medias, moitísimas actividades co obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos concellos que non son máis que puras esmolas (RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de sacarnos da pobreza afondannos máis nela.
O sábado 2 de abril da man de Mari FIdalgo e Manolo S. Bayona e a partires das 17h os dous compas analizarán onde estamos (RISGA) e até onde precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda Básica das iguais).
Para aquelas que non coñecemos Baladre deixamos aquí unhas pequena presentación desta coordinación:
Baladre é unha Coordinación de colectivos da Península ibérica e norte de África, así como como colectivos e persoas do cono sur americano, con diferentes sensibilidades, pero cunha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecimiento e a exclusión en calquera das súas formas. Os colectivos que participamos na Coordinación de Baladre vímolo facendo tanto en loitas sociais puntuais e/ou a nivel local, como a nivel global, en mobilizacións estatais e internacionais tales como as Marchas contra o paro, contra a Europa do Capital ou contra o Fondo Monetario Internacional.
Unha das loitas que reforzan a Coordinación de Baladre, e que usamos como ferramenta que unifica a diversidade de reivindicacións dos colectivos e grupos que loitamos pola transformación social (vivenda digna, transporte gratis, repartición de todos os traballos, non á represión e o cárcere,...) é a loita polo dereito á Renda Básica das iguais para todas as persoas, que nos permita vivir dignamente.
Máis información neste enlace: www.coordinacionbaladre.org/noticia/baladre-30-anos-de-luchas-y-enredos-...
Compartimos tamén unha entrevista de Nosotras las Personas, programa de radio Pimienta. Deixámosvos unha entrevista que Manolo S. Bayona lle fai a Mari Fidalgo > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2010-12-14
Etiquetas:Continuamos coas presentacións das participantes nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". Pecharemos as xornadas coa palestra: “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”. Ademais de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) contaremos coa presenza de Ruth López, compañeira de Erletxea, punto de información en Irún.
Así presentan na súa web (www.erletxea.org) o traballo que están a realizar: "Es una colmena de información y reflexión, de acción y agitación. Pero también es una colmena llena de creatividad y rebeldía. Es un espacio tanto físico como virtual".
Compartimos a valoración que este grupo fixo sobre o seu traballo no ano 2015 > www.erletxea.org/es/berria/2016-24-02/una-realidad-oculta-la-precariedad-y-el-empobrecimiento
Etiquetas:Dende hoxe até o venres 1 de abril iremos presentando ás persoas e colectivos que van participar nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" que se van celebrar en Compostela o sábado 1 de abril.
Comezamos estas presentacións con Beatriz Lorenzo Caamiña, compa da ODS-Coia. Achegamos un texto que apareece publicado na edición galega de "Renda Básica das iguais e feminismos" é un anaco dun vídeo no que ela intervén (a partires do minuto 17).
Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento, por Beatriz Lorenzo Caamiña
Non me identifico coa palabra “usuaria” coa que me etiquetan nos servizos sociais aos que por desgraza tiven que recorrer por primeira vez hai catro anos. Son unha persoa. Son unha muller. Unha muller que topou de fronte na súa vida co rostro cruel da precariedade, do empobrecemento, da exclusión social da que tantas veces se fala desde a frialdade dos números, dos datos estatísticos. Unha muller que, en medio dunha situación vital moi dura, comezou a buscar saídas e tivo a sorte e a valentía de unirse a outras persoas que tamén sufrían a escaseza de recursos económicos para compartir xuntas os seus problemas, para denunciar xuntas as causas dos mesmos e a falta de respostas por parte das administración públicas, e para buscar alternativas que nos permitan vivir unha vida digna.
Moito choveu desde entón. E non resulta doado dar conta de todo o proceso vivido desde que entrei a formar parte da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia), pero unha cousa si teño clara: desde entón, desde a primeira vez que me acheguei buscando axuda (aquel paso foi moi difícil polas duras circunstancias nas que nos atopabamos a miña familia e mais eu) até agora moitas cousas cambiaron para min e tamén para as persoas coas que pasei pouco a pouco a compartir o día a día e as loitas.
Non é que a nosa situación non siga a ser moi dura. Non. Seguimos padecendo as graves consecuencias de non ter recursos suficientes para cubrir as necesidades básicas e para vivir dignamente, seguimos facendo o imposible e dando voltas e máis voltas para conseguir pagar o aluguer, os recibos ou simplemente para comer..., seguimos a atopar unha e outra vez o silencio ou o “non hai cartos” por parte de quen ten a obriga de garantir os nosos dereitos; pero a diferencia está en como nos sentimos hoxe: persoas con dereitos e con forza para esixir que eses dereitos sexan respectados. Xa non estamos soas e iso marca a diferencia. Porque compartir os nosos problemas en grupo, tomar conciencia de que se trata de problemas sociais que afectan a moitas persoas, reflexionar sobre as súas causas, poñernos a idear formas de denunciar publicamente a inxustiza que padecemos e buscar alternativas conxuntamente para o día a día..., dános forzas e fainos menos vulnerables. Xa non estamos soas, xa non nos sentimos pouca cousa, ou mesmo nada, fronte aos poderes que unha e outra vez queren convencernos de que a culpa é nosa, de que non sabemos ou non queremos, de que os nosos problemas pouco teñen que ver con eles, de que non son responsables e de que non temos dereito a esixirlles unha resposta inmediata e xusta...
Tiven a desgraza de coñecer o mundo da exclusión social desde dentro, porque me tocou, porque lle tocou á miña familia: a miña experiencia cos servizos sociais foi e segue a ser moi dura. Acudín a eles buscando unha resposta á precariedade e á escaseza de recursos económicos que afogaba á miña familia e as respostas, cando as houbo, foron sempre parciais e absolutamente insuficientes. Con frecuencia sentín que era xulgada; sentín indiferenza, desprezo, rexeitamento; sentín que, ante os meus problemas, as respostas eran trabas e máis trabas...
Por circunstancias da vida vinme na obriga de acudir en 2010 por primeira vez á administración coa esperanza de atopar unha saída ao que se nos viña enriba: un desafiuzamento. Xa me vía na rúa con tres fillos, era unha persoa rota e afundida, e cheguei coa esperanza de atopar unha axuda nun momento desesperado, pero pola contra o que sentín foi que se pechaba outra porta.
Todas as miñas expectativas do que ía atopar ao acudir aos servizos sociais cambiaron radicalmente tras ese primeiro contacto. A teoría me dicía que alí atoparía solucións, en primeiro lugar para o inminente desafiuzamento. Pero a realidade era outra e batín contra ela dun xeito cruel. En todo caso, o máis duro non foi verme na rúa, o máis duro foi comprobar que non era dabondo para a administración que eu demostrara que a miña familia carecía de recursos económicos para facer fronte a aquela situación e ao día a día; o máis duro foi, en definitiva, constatar que eu era un número e que carecía de dereitos...
A única resposta ese día (ademais de deixarme claro que non había unha vivenda social para min, que non tiñan ningunha solución ante o desafiuzamento e tampouco ante a falta de recursos para as necesidades básicas, e que non me quedaba outra que buscarme a vida) foi que me achegara á ODS-Coia na Parroquia Cristo da Vitoria para ver como me podían axudar. A administración non cumpría coa súa obriga de garantir os meus dereitos básicos nunha situación crítica e a única resposta real que me daba era que acudira a un colectivo comprometido coa realidade da exclusión e a xustiza social. Eu non entendía nada, pero me acheguei... E aí comezou outra historia e ese encontro coa xente da ODS foi o único bo que saquei aquel día da miña primeira visita aos servizos sociais municipais.
Na oficina tiven a oportunidade de comprobar que o que me estaba a ocorrer era tamén a realidade que sufrían moitas outras persoas e familias; atopei información e me acompañaron para dar os primeiros pasos para atopar saídas, alternativas para a miña vida; pero tamén confirmaron algo máis importante: tiña e teño dereitos coma persoa, dereitos que han de ser respectados e garantidos (tamén e, en primeiro termo, polas administracións públicas), dereitos polos que paga a pena loitar...
O que comezou así, coa miña visita puntual os días de atención da ODS en busca de información e axuda, foi dando paso a xuntanzas quincenais onde persoas con situacións moi semellantes á miña, sempre moi duras, compartiamos o que nos estaba a acontecer, analizabamos as causas e buscabamos conxuntamente o xeito de reclamar os nosos dereitos buscando solucións reais para os problemas persoais e colectivos. Pouco a pouco, case sen decatarnos, estabamos dando a luz á “asemblea dos martes”, como agora a coñecemos.
Nese camiño que alí comezaba, en paralelo a esa experiencia de ir organizándonos e compartindo loitas, tiven que volver en varias ocasións aos servizos sociais, sempre pola falta de traballo e de recursos económicos. Tiven que solicitar axudas de emerxencia para facer fronte ao aluguer, aos gastos de alimentación ou aos de subministración... Poucas veces obtiven ditas axudas puntuais e case sempre tiven que buscar solucións noutros espazos...
Os últimos tempos foron duros tamén no persoal e familiar, pois tiven que solicitar a RISGA. Os meses e meses que hai que sobrevivir con ingresos cero desde que a solicitas até que finalmente é concedida (ou non) son un atranco dificilmente salvable e moi cruel, sen que haxa ningunha alternativa real por parte dos servizos sociais. E por fin, cando xa a tes concedida, experimentas nas propias carnes que a contía é totalmente insuficiente para facer fronte ás necesidades máis elementais.
Está claro que o camiño está cheo de atrancos e de inxustizas, e que ás veces parece que non hai saída... Non é doado. Non, pero agora temos a experiencia de que é menos difícil se o facemos conxuntamente. Hoxe en día, no medio dos atrancos e das dificultades, non esquezo que son unha persoa. Nunca mais me recoñecerei no termo “usuaria”, por moito que pretenderan impoñermo desde a administración. Somos persoas con dereitos, persoas que teñen como meta vivir dignamente e que van construíndo alternativas e conseguindo paso a paso ser donas das súas vidas.
Etiquetas:Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade.
Estas son as respostas dispoñibles a día de hoxe para facer fronte á situación de emerxencia social que afecta a unha de cada catro persoas en Galiza (o 23,8% da poboación que se atopa en “risco” de pobreza ou exclusión). Para moitas máis, que sufrimos as dificultades de soster a vida cada día mais non cumprimos os requisitos de pobreza establecidos, as opcións pasan polo mercado laboral precarizado.
As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar....) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais.
Para iso organizamos unhas xornadas de reflexión e debate nas que partiremos dunha radiografía do actual escenario do capitalismo depredador, examinando o papel que xoga a pobreza e as consecuencias desta para aquelas persoas que se atopan nas posicións de maior vulnerabilidade e exclusión, poñendo o foco na situación das mulleres.
O contraste farémolo con propostas que xorden desde a economía social e da loita polos dereitos sociais e polo reparto da riqueza. Unha loita que pasa por informar, visualizar e denunciar. Mais tamén por deconstruír o empobrecemento como un fracaso individual e por crear vínculos políticos desde os que arrancar o dereito a vivir dignamente.
- - -
Xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”
Sábado 2 abrilNa A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21 - COMPOSTELA)
10:00 - Presentación da xornada.
10:15 a 11:45 - “Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)
12:00 a 14:00 - “O seu benestar e o noso malestar”:
- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)
- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)
Xantar
16:00 a 17:00 - “L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L'Olivera)
17:00 a 18:30 - “Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)
18:30 a 19:30 - “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:
- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)
- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)
19:30 - Lectura das propostas recollidas na xornadas
Esta semana Nosotras las personas en Nosotras las Personas comenzamos por Canarias entrevistando a Magda Pyñeiro, con motivo de la reciente publicación del libro "Stop Gordofobia". Viajamos a Barakaldo en Bilbao, para conocer más sobre las luchas cotidianas de Berri Otxoac y continuamos haciendo un homenaje a la activista recientemente asesinada, Berta Caceres. En el espacio de Zambra distribuidora, nos acercamos a libro "Mujeres libres". Comenzamos, como cada semana, con el comentario de Jesús Giráldez desde Fuerteventura. ¡¡Nos vemos en las kalles!!
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio PimientaLa Plataforma Andaluza de la Renta Básica de las Iguales, es un espacio que lleva mas de 5 años trabajando en tres lineas claras: Divulgación, Formación y Acción Directa por los Derechos Sociales y especialmente por la Renta Básica de las iguales. Las gentes de la Plataforma venimos practicando la cultura del Encuentro, sin siglas o con las siglas de todas, de forma autogestionaria y horizontal. Siendo una herramienta para compartir reflexiones y practicas, así como para coordinar posibles acciones conjuntas.
El 2 de Abril en Ecija nos encontraremos con el siguiente programa:
La asistencia es libre para toda persona interesada en la transformación<p> social, si quieres mas información, hacer alguna pregunta o confirmarnos que acudes mándanos un correo electrónico: andaluciarentabasica@gmail.com
Búscanos en: https://www.facebook.com/andaluciaporlarbis.rentabasica/
Este venres 11 de marzo a nosa compa, Mari Fidalgo, presentará en Ourense o libro: "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida".
Será no local de A Galleira (Praza San Cosme - Ourense) a partires das 20h00.
Así o presentan a xente de A Galleira no seu perfil de facebook: "Queres saber de que se fala cando se fala de RBIS? Pasa pola Galleira que logo hai foliada!".
Etiquetas:El sabado 12 de Marzo y en el contexto de un Marzo Feminista, Mary Arrabali (Plataforma Andaluza por la RBis) impartira una charla sobre la necesidad de una Renta Basica desde una perspectiva feminista y comunitaria. Será en el "Er LLano" (C/Tejare, 7) a las 18:30 abierta a toda persona interesada en poder debatir sobre esta importante herramienta de transformacion social.
Despues de la charla se disfrutara de un sabroso y distendido picoteo.
Más información: https://www.facebook.com/events/1577315665919630
Por si quedan con ganas de más Renta Basica de las Iguales, podrán acudir al Rincon de la Victoria el Martes 15 de Marzo a las 19:30 en la Cafeteria La Minima > https://www.facebook.com/events/1697540667190838/?active_tab=posts
Etiquetas:Esta semana cruzamos el Atlántico hasta Uruguay, para hablar con Raúl Zibechi y analizar junto a él la realidad geopolítica del continente americano y del mundo. En el espacio de territorios viajamos a Málaga con las gentes de "Encontraste" y finalizamos con la habitual sección de Zambra distribuidora y el libro "Exploradoras" Esperamos que disfrutes de esta hora con Nosotras...¡Nos vemos en las calles!!
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio PimientaLa segunda edición del curso en "Desarrollo Comunitario en Barrios y Pueblos", es el fruto de más de 32 años de trabajo colectivo. En un formato de aprendizaje interactivo y dinámico, ofrecemos la posibilidad de entender mejor como practicas cotidianas de organización ciudadanas han llevado a la mejora de vidas de las gentes de nuestros barrios y pueblos.
Fechas: 14, 15, 16 y 17 de Marzo
Lugar: Facultad de Ciencias de la Educación (Granada)
Precio: 39 e
Créditos: 2´50 ECTS ( Validos para Educacion social. Consulta previamente con tu facultad si te los convalidan, nosotras no nos hacemos responsables)
Se hará entrega de un materiales gráficos de elaboración propia y exclusiva.
Para más información: zambrainiciativas@gmail.com o 600 719 548
Te regamos que envíes evento/email a toda persona que creas que pueda estar interesada.
Saludos Cordiales
Difunde: https://www.facebook.com/events/1733242786921220/
Esta semana en Nosotras las Personas entrevistamos a Miren Etxezarreta, a raíz de su reciente libro "¿Para qué sirve la economía?. Seguimos en nuestro espacio de territorio con las compañeras de Alambique desde Xixón en Asturies. En la sección de Zambra nos acercamos a libro Transfeminismos y al a persona de Lohana Berkins una activista trans argentina, impulsora de leyes sobre derechos de personas trans y que nos dejó en febrero. Comenzamos como cada semana con el comentario de Jesús Giráldez, desde Fuerteventura.
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio PimientaEsta semana en Nosotras las Personas entrevistamos a Magranes Assemblea Feminista de Xàtiva. En la sección de territorios nos quedamos en Tenerife con la Asamblea Canaria por el Reparto de La Riqueza (ACRR). Terminamos con las habituales secciones de Zambra acercándonos a la vida de Yolanda González y al libro "Maternidades Subversivas. Arrancamos, como cada semana, con el comentario desde Fuerteventura de Jesús Giráldez. Nos vemos a las calles!!
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio PimientaEsta semana conocemos a Alexandro Melo, brasileño activista residente en Málaga. En territorios nos vamos de la mano de "El Jipi" y Alejandra de la Asamblea de paradas y precarias de CGT en Valencia. Acabamos con las secciónes de Zambra distribuidora y feminismos, con el libro "Repensar la comunidad desde la literatura" y la figura de Katy Horna. Comenzamos como cada semana, con el comentario desde Maxorata (Fuerteventura) de Jesús Giráldez.
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio PimientaEsta semana nos quedamos en la ciudad de Las Palmas de Gran Canaria para entrevistar a la activista y trabajadora social Koldobi Velasco. En la sección de territorios viajamos al Barrio de Buenos Aires en Salamanca para hablar con Emiliano Tapia. Finalizamos con la habitual sección de Zambra Distribuidora, y arrancamos con el comentario, desde Fuerteventura, de Jesús Giráldez...Nos vemos en las calles ;)
Ver en línea : Radio PimientaHola,
queremos informaros de que el sábado 30 de Enero organizamos un taller en el Centro Ciudadano Valle Inclan (Avenida de la Palmilla, 16) con Luis González, miembro de Ecologistas en Acción Madrid, titulado "Colapso del capitalismo global". Este taller durará el día completo. Por la mañana se trataría de ver entre todos/as cómo está la situación global actual de crisis ecológico, social mundial: cambio climático, pico del petróleo, decrecimiento, etc. Por la tarde trabajaríamos en el tema de alternativas y propuestas. El trabajo se hará en grupos con algunas introducciones por parte de Luis. Es aconsejable asistir a ambas partes (mañana y tarde) pero se puede acudir a una sola por separado. La inscripción es gratuita.
Nos gustaría poder saber con cierta antelación las personas que acudirían a este taller, por varios motivos: está prevista que haya un comedor vegano para los asistentes (y es conveniente saber para cuantas personas habría que cocinar) a precios populares, además de que al taller no deberían asistir más de 40 personas, y también porque es aconsejable leerse un capítulo del libro "En la espiral de la energía" antes del 30 y se lo proporcionaríamos a los/as asistentes. Para esta inscripción y para más información podéis contactarnos en el
email:
zambrainiciativas@gmail.com o socialmalaga@cgtandalucia.org o en el móvil:
649 65 89 56 (Say).
Luis González es miembro de Ecologistas en Acción, donde participa en su Secretaría Confederal desde la fundación (y fue durante nueve años coordinador general de la organización).
Es autor o coautor de una decena de libros con contenidos que abarcan distintas facetas del ecologismo social:
"Claves del ecologismo social”, Libros en Acción
"La crisis ecosocial en clave educativa”, CIP
"En la espiral de la Energía (vol I y II) ", Libros en Acción
(ver su presentación en Madrid :
http://www.ecologistasenaccion.org/article29165.html)
Esperamos que os parezca interesante esta propuesta y nos veamos el 30 de Enero.
Presentamos o libro Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida, editado polas xentes de Baladre (Coordinación de grupos e persoas cotra o paro, o empobrecemento e a exclusión social). Ver tamén “Renda Básica das Iguais e moito máis”.
Xoves 21 de xaneiro ás 19:30h
na Librería Berbiriana
Rúa Santiago, 7 - Porta Real (A Coruña)
Cunha base firme de traballo continuado durante 30 anos na proposta da Renda Básica das Iguais, realizado polas xentes de Baladre, e motivadas pola necesidade de identificar as nosas aspiracións colectivas, na procura dunhas vidas dignas e plenas, desde o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa. Todo o partillado e aprendido neste tempo está recollido neste libro.
Dámoslle unha volta á centralidade do emprego nas nosas vidas, que cremos que debemos substituir polos coidados, afectos, relacións e participación de xeito equitativo e en equilibrio co medio, para crear esa sociedade á que aspiramos de persoas libres e plenas.
Etiquetas:Esta semana especial sobre la represión en el barrio de Coia con el caso del activista social Diego Lores, integrado en La Coordinación de luchas contra el paro, el empobrecimiento y la exclusión social Baladre, detenido junto a otra persona en Galicia, cuando participaban en una movilización vecinal contra las obras de una rotonda del Barrio de Coia, en la que se pretende instalar un barco. "Un gasto injustificado en una ciudad en la que, como en el resto del Estado español, la gente malvive en los barrios mientras las obras faraónicas realizadas con dinero público sirven para lucrar a unos pocos". ¡¡Si tocan a una, nos tocan a todas!!
Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para todos los mundos por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.
Ver en línea : Radio Pimienta
Hola, queremos informaros de que el sábado 30 de Enero organizamos un taller en la sede de ASPA (C/ Juan del Encina) con Luis González, miembro de Ecologistas en Acción Madrid, titulado "Colapso del capitalismo global". Este taller durará el día completo. Por la mañana se trataría de ver entre todos/as cómo está la situación global actual de crisis ecológico, social mundial: cambio climático, pico del petróleo, decrecimiento, etc. Por la tarde trabajaríamos en el tema de alternativas y propuestas. El trabajo se hará en grupos con algunas introducciones por parte de Luis. Es aconsejable asistir a ambas partes (mañana y tarde) pero se puede acudir a una sola por separado. La inscripción es gratuita.
Nos gustaría poder saber con cierta antelación las personas que acudirían a este taller, por varios motivos: está prevista que haya un comedor vegano para los asistentes (y es conveniente saber para cuantas personas habría que cocinar) a precios populares, además de que al taller no deberían asistir más de 40 personas, y también porque es aconsejable leerse un capítulo del libro "En la espiral de la energía" antes del 30 y se lo proporcionaríamos a los/as asistentes. Para esta inscripción y para más información podéis contactarnos en el
email:
zambrainiciativas@gmail.co">mailto:zambrainiciativas@gmail.co" target="_blank">zambrainiciativas@gmail.com o socialmalaga@cgtandalucia.org o en el móvil:
649 65 89 56 (Say).
Luis González es miembro de Ecologistas en Acción, donde participa en su Secretaría Confederal desde la fundación (y fue durante nueve años coordinador general de la organización).
Es autor o coautor de una decena de libros con contenidos que abarcan distintas facetas del ecologismo social:
"Claves del ecologismo social”, Libros en Acción
"La crisis ecosocial en clave educativa”, CIP
"En la espiral de la Energía (vol I y II) ", Libros en Acción
(ver su presentación en Madrid :
www.ecologistasenaccion.org/article29165.html">http://www.ecologistasenaccion.org/article29165.html" target="_blank" style="color: #3b5998; text-decoration: none;" rel="nofollow nofollow">www.ecologistasenaccion.org/article29165.html">http://www.ecologistasenaccion.org/article29165.html)
Esperamos que os parezca interesante esta propuesta y nos veamos el 30 de Enero.
A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia.
Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala ao ámbito doméstico coma nai e esposa, adicada aos coidados, sen recursos económicos propios e por tanto, dependente economicamente do home.
Para reverter esta situación e facer que a muller sexa libre e dona do seu destino,o movemento feminista ven reivindicando e traballando dende o seu nacemento, para empoderar ás mulleres na loita pola independencia económica e a igualdade.
Pola súa parte a Renda Básica das iguais, entendida como o dereito de toda persoa a percibir do Estado unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades vitais, postúlase como un dos mecanismos para acadar a tan desexada independencia económica así como a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
A Coordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres que dentro dos seus catro campos de acción traballa dende a súa orixe pola Autonomía Económica das Mulleres, expresada non só na capacidade financeira (ser provedoras do seu propio sustento e das persoas que dependen dela), senón tamén no acceso a dereitos en materia de servizos públicos e outros esenciais, como a saúde e a vida digna; xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia que nace como punto de información, con espírito de loita colectiva, para ser unha ferramenta de apoio e denuncia social en materia de dereitos e deberes das persoas, transformadora da contorna máis próxima e do mundo para convertelo en máis xusto, igualitario, e digno; organizan conxuntamente unha charla para dar a coñecer o libro “Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” e debater ao seu remate, sobre a sinerxia entre a loita feminista e Renda Básica das iguais, facéndose alusión tamén a “Guía de Axudas Sociais” (elaborada por este colectivo).
Dita charla terá lugar o vindeiro mércores 13 de xaneiro do presente ano 2016, ás 19:30 horas na Casa das Mulleres, na Rúa Romil 20, de Vigo.
Agardámovos a tod@s!
Etiquetas: