Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo. Nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" falará sobre "A pobreza no capitalismo" a partires das 12:00 xunto a Leticia Castro.
Albert Sales preséntase así no seu blogue: "Son politólogo e sociólogo. Desde 2004, Profesor asociado no Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Pompeu Fabra. Tamén impartín docencia na Universidade de Xirona e na Universidade de Salamanca. Formo parte do Grupo de Investigación en Criminoloxía e Sistema Penal da UPF. Activista e investigador no ámbito da loita contra a pobreza e as desigualdades. No ámbito internacional traballei na Campaña Roupa Limpa e son membro fundador do Colectivo RETS e activista contra as violacións dos Dereitos Humanos e dos Dereitos Laborais que cometen sistematicamente as Empresas Transnacionais.
Desde 2011 colaboro coa Rede de Atención ás Persoas Sen Fogar de Barcelona e a miña investigación está orientada a combater a exclusión residencial e a criminalización da pobreza no espazo público. Actualmente son asesor da Tenencia de Alcaldía de Dereitos Sociais do Concello de Barcelona".
Recomendamos que visites os seus blogues > albertsales.wordpress.com evagosymaleantes.com Neles comparte, en catalá e castelán, artigos e reflexións sobre pobreza, control social, políticas sociais, persoas sen fogar...
Partillamos a entrevista en Nosotras las Personas de Radio Pimienta >http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2015-03-17
Vivir en la calle Etiquetas:
Na ODS-Coia e tamén en Baladre criticamos acotío a aquelas profesionais do social que serven aos intereses do poder. Somos conscientes das dificultades para facer unha praxe liberadora e transformadora dende a educación e o traballo social, a psicoloxía, a pedagoxía... pero malia os atrancos coñecemos a moitas compañeiras que nos seus empregos son quen de argallar estratexias que avancen na transformación social. Unha delas é Leticia Castro, educadora social que traballa en contacto con moitas persoas que sofren a inxustiza da pobreza e a precariedade.
Antes do xantar, Leticia achegaranos á Galiza máis excluída, a esa Galiza que dende os poderes pretender agochar e controlar, e por suposto tamén facer rendible para continuar enchendo os petos duns poucos a costa das vidas de moitas.
Partillamos unha entrevista a Leti para Nosotras las Personas de Radio Pimienta > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2015-03-03
Leticia falando a partires do minuto 20.
Etiquetas:Seguimos coas presentación das persoas que van participar nas xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Logo do xantar, retomaremos a sesión de tarde da man de Clara Griera. Baixo o título “L'Olivera, 42 anos de economía social” Clara presentara o traballo desta cooperativa situada en Vallbona de les Monges, no rural catalán. L'Olivera é unha cooperativa de integración social que incorpora a persoas con dificultades e que produce viños e aceites en Vallbona de les Monges, na Catalunya rural.
Clara Griera é enxeñeira técnica agrícola e licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, ademais de traballar na cooperativa forma parte da CUP. Achegamos a entrevista a Clara para Nosotras las Personas > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2014-04-08
Etiquetas:A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e feminismos". Entre medias, moitísimas actividades co obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos concellos que non son máis que puras esmolas (RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de sacarnos da pobreza afondannos máis nela.
O sábado 2 de abril da man de Mari FIdalgo e Manolo S. Bayona e a partires das 17h os dous compas analizarán onde estamos (RISGA) e até onde precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda Básica das iguais).
Para aquelas que non coñecemos Baladre deixamos aquí unhas pequena presentación desta coordinación:
Baladre é unha Coordinación de colectivos da Península ibérica e norte de África, así como como colectivos e persoas do cono sur americano, con diferentes sensibilidades, pero cunha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecimiento e a exclusión en calquera das súas formas. Os colectivos que participamos na Coordinación de Baladre vímolo facendo tanto en loitas sociais puntuais e/ou a nivel local, como a nivel global, en mobilizacións estatais e internacionais tales como as Marchas contra o paro, contra a Europa do Capital ou contra o Fondo Monetario Internacional.
Unha das loitas que reforzan a Coordinación de Baladre, e que usamos como ferramenta que unifica a diversidade de reivindicacións dos colectivos e grupos que loitamos pola transformación social (vivenda digna, transporte gratis, repartición de todos os traballos, non á represión e o cárcere,...) é a loita polo dereito á Renda Básica das iguais para todas as persoas, que nos permita vivir dignamente.
Máis información neste enlace: www.coordinacionbaladre.org/noticia/baladre-30-anos-de-luchas-y-enredos-...
Compartimos tamén unha entrevista de Nosotras las Personas, programa de radio Pimienta. Deixámosvos unha entrevista que Manolo S. Bayona lle fai a Mari Fidalgo > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2010-12-14
Etiquetas:Continuamos coas presentacións das participantes nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". Pecharemos as xornadas coa palestra: “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”. Ademais de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) contaremos coa presenza de Ruth López, compañeira de Erletxea, punto de información en Irún.
Así presentan na súa web (www.erletxea.org) o traballo que están a realizar: "Es una colmena de información y reflexión, de acción y agitación. Pero también es una colmena llena de creatividad y rebeldía. Es un espacio tanto físico como virtual".
Compartimos a valoración que este grupo fixo sobre o seu traballo no ano 2015 > www.erletxea.org/es/berria/2016-24-02/una-realidad-oculta-la-precariedad-y-el-empobrecimiento
Etiquetas:Dende hoxe até o venres 1 de abril iremos presentando ás persoas e colectivos que van participar nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" que se van celebrar en Compostela o sábado 1 de abril.
Comezamos estas presentacións con Beatriz Lorenzo Caamiña, compa da ODS-Coia. Achegamos un texto que apareece publicado na edición galega de "Renda Básica das iguais e feminismos" é un anaco dun vídeo no que ela intervén (a partires do minuto 17).
Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento, por Beatriz Lorenzo Caamiña
Non me identifico coa palabra “usuaria” coa que me etiquetan nos servizos sociais aos que por desgraza tiven que recorrer por primeira vez hai catro anos. Son unha persoa. Son unha muller. Unha muller que topou de fronte na súa vida co rostro cruel da precariedade, do empobrecemento, da exclusión social da que tantas veces se fala desde a frialdade dos números, dos datos estatísticos. Unha muller que, en medio dunha situación vital moi dura, comezou a buscar saídas e tivo a sorte e a valentía de unirse a outras persoas que tamén sufrían a escaseza de recursos económicos para compartir xuntas os seus problemas, para denunciar xuntas as causas dos mesmos e a falta de respostas por parte das administración públicas, e para buscar alternativas que nos permitan vivir unha vida digna.
Moito choveu desde entón. E non resulta doado dar conta de todo o proceso vivido desde que entrei a formar parte da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia), pero unha cousa si teño clara: desde entón, desde a primeira vez que me acheguei buscando axuda (aquel paso foi moi difícil polas duras circunstancias nas que nos atopabamos a miña familia e mais eu) até agora moitas cousas cambiaron para min e tamén para as persoas coas que pasei pouco a pouco a compartir o día a día e as loitas.
Non é que a nosa situación non siga a ser moi dura. Non. Seguimos padecendo as graves consecuencias de non ter recursos suficientes para cubrir as necesidades básicas e para vivir dignamente, seguimos facendo o imposible e dando voltas e máis voltas para conseguir pagar o aluguer, os recibos ou simplemente para comer..., seguimos a atopar unha e outra vez o silencio ou o “non hai cartos” por parte de quen ten a obriga de garantir os nosos dereitos; pero a diferencia está en como nos sentimos hoxe: persoas con dereitos e con forza para esixir que eses dereitos sexan respectados. Xa non estamos soas e iso marca a diferencia. Porque compartir os nosos problemas en grupo, tomar conciencia de que se trata de problemas sociais que afectan a moitas persoas, reflexionar sobre as súas causas, poñernos a idear formas de denunciar publicamente a inxustiza que padecemos e buscar alternativas conxuntamente para o día a día..., dános forzas e fainos menos vulnerables. Xa non estamos soas, xa non nos sentimos pouca cousa, ou mesmo nada, fronte aos poderes que unha e outra vez queren convencernos de que a culpa é nosa, de que non sabemos ou non queremos, de que os nosos problemas pouco teñen que ver con eles, de que non son responsables e de que non temos dereito a esixirlles unha resposta inmediata e xusta...
Tiven a desgraza de coñecer o mundo da exclusión social desde dentro, porque me tocou, porque lle tocou á miña familia: a miña experiencia cos servizos sociais foi e segue a ser moi dura. Acudín a eles buscando unha resposta á precariedade e á escaseza de recursos económicos que afogaba á miña familia e as respostas, cando as houbo, foron sempre parciais e absolutamente insuficientes. Con frecuencia sentín que era xulgada; sentín indiferenza, desprezo, rexeitamento; sentín que, ante os meus problemas, as respostas eran trabas e máis trabas...
Por circunstancias da vida vinme na obriga de acudir en 2010 por primeira vez á administración coa esperanza de atopar unha saída ao que se nos viña enriba: un desafiuzamento. Xa me vía na rúa con tres fillos, era unha persoa rota e afundida, e cheguei coa esperanza de atopar unha axuda nun momento desesperado, pero pola contra o que sentín foi que se pechaba outra porta.
Todas as miñas expectativas do que ía atopar ao acudir aos servizos sociais cambiaron radicalmente tras ese primeiro contacto. A teoría me dicía que alí atoparía solucións, en primeiro lugar para o inminente desafiuzamento. Pero a realidade era outra e batín contra ela dun xeito cruel. En todo caso, o máis duro non foi verme na rúa, o máis duro foi comprobar que non era dabondo para a administración que eu demostrara que a miña familia carecía de recursos económicos para facer fronte a aquela situación e ao día a día; o máis duro foi, en definitiva, constatar que eu era un número e que carecía de dereitos...
A única resposta ese día (ademais de deixarme claro que non había unha vivenda social para min, que non tiñan ningunha solución ante o desafiuzamento e tampouco ante a falta de recursos para as necesidades básicas, e que non me quedaba outra que buscarme a vida) foi que me achegara á ODS-Coia na Parroquia Cristo da Vitoria para ver como me podían axudar. A administración non cumpría coa súa obriga de garantir os meus dereitos básicos nunha situación crítica e a única resposta real que me daba era que acudira a un colectivo comprometido coa realidade da exclusión e a xustiza social. Eu non entendía nada, pero me acheguei... E aí comezou outra historia e ese encontro coa xente da ODS foi o único bo que saquei aquel día da miña primeira visita aos servizos sociais municipais.
Na oficina tiven a oportunidade de comprobar que o que me estaba a ocorrer era tamén a realidade que sufrían moitas outras persoas e familias; atopei información e me acompañaron para dar os primeiros pasos para atopar saídas, alternativas para a miña vida; pero tamén confirmaron algo máis importante: tiña e teño dereitos coma persoa, dereitos que han de ser respectados e garantidos (tamén e, en primeiro termo, polas administracións públicas), dereitos polos que paga a pena loitar...
O que comezou así, coa miña visita puntual os días de atención da ODS en busca de información e axuda, foi dando paso a xuntanzas quincenais onde persoas con situacións moi semellantes á miña, sempre moi duras, compartiamos o que nos estaba a acontecer, analizabamos as causas e buscabamos conxuntamente o xeito de reclamar os nosos dereitos buscando solucións reais para os problemas persoais e colectivos. Pouco a pouco, case sen decatarnos, estabamos dando a luz á “asemblea dos martes”, como agora a coñecemos.
Nese camiño que alí comezaba, en paralelo a esa experiencia de ir organizándonos e compartindo loitas, tiven que volver en varias ocasións aos servizos sociais, sempre pola falta de traballo e de recursos económicos. Tiven que solicitar axudas de emerxencia para facer fronte ao aluguer, aos gastos de alimentación ou aos de subministración... Poucas veces obtiven ditas axudas puntuais e case sempre tiven que buscar solucións noutros espazos...
Os últimos tempos foron duros tamén no persoal e familiar, pois tiven que solicitar a RISGA. Os meses e meses que hai que sobrevivir con ingresos cero desde que a solicitas até que finalmente é concedida (ou non) son un atranco dificilmente salvable e moi cruel, sen que haxa ningunha alternativa real por parte dos servizos sociais. E por fin, cando xa a tes concedida, experimentas nas propias carnes que a contía é totalmente insuficiente para facer fronte ás necesidades máis elementais.
Está claro que o camiño está cheo de atrancos e de inxustizas, e que ás veces parece que non hai saída... Non é doado. Non, pero agora temos a experiencia de que é menos difícil se o facemos conxuntamente. Hoxe en día, no medio dos atrancos e das dificultades, non esquezo que son unha persoa. Nunca mais me recoñecerei no termo “usuaria”, por moito que pretenderan impoñermo desde a administración. Somos persoas con dereitos, persoas que teñen como meta vivir dignamente e que van construíndo alternativas e conseguindo paso a paso ser donas das súas vidas.
Etiquetas:Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade.
Estas son as respostas dispoñibles a día de hoxe para facer fronte á situación de emerxencia social que afecta a unha de cada catro persoas en Galiza (o 23,8% da poboación que se atopa en “risco” de pobreza ou exclusión). Para moitas máis, que sufrimos as dificultades de soster a vida cada día mais non cumprimos os requisitos de pobreza establecidos, as opcións pasan polo mercado laboral precarizado.
As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar....) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais.
Para iso organizamos unhas xornadas de reflexión e debate nas que partiremos dunha radiografía do actual escenario do capitalismo depredador, examinando o papel que xoga a pobreza e as consecuencias desta para aquelas persoas que se atopan nas posicións de maior vulnerabilidade e exclusión, poñendo o foco na situación das mulleres.
O contraste farémolo con propostas que xorden desde a economía social e da loita polos dereitos sociais e polo reparto da riqueza. Unha loita que pasa por informar, visualizar e denunciar. Mais tamén por deconstruír o empobrecemento como un fracaso individual e por crear vínculos políticos desde os que arrancar o dereito a vivir dignamente.
- - -
Xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”
Sábado 2 abrilNa A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21 - COMPOSTELA)
10:00 - Presentación da xornada.
10:15 a 11:45 - “Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)
12:00 a 14:00 - “O seu benestar e o noso malestar”:
- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)
- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)
Xantar
16:00 a 17:00 - “L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L'Olivera)
17:00 a 18:30 - “Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)
18:30 a 19:30 - “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:
- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)
- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)
19:30 - Lectura das propostas recollidas na xornadas
La Plataforma Andaluza de la Renta Básica de las Iguales, es un espacio que lleva mas de 5 años trabajando en tres lineas claras: Divulgación, Formación y Acción Directa por los Derechos Sociales y especialmente por la Renta Básica de las iguales. Las gentes de la Plataforma venimos practicando la cultura del Encuentro, sin siglas o con las siglas de todas, de forma autogestionaria y horizontal. Siendo una herramienta para compartir reflexiones y practicas, así como para coordinar posibles acciones conjuntas.
El 2 de Abril en Ecija nos encontraremos con el siguiente programa:
La asistencia es libre para toda persona interesada en la transformación<p> social, si quieres mas información, hacer alguna pregunta o confirmarnos que acudes mándanos un correo electrónico: andaluciarentabasica@gmail.com
Búscanos en: https://www.facebook.com/andaluciaporlarbis.rentabasica/
Este venres 11 de marzo a nosa compa, Mari Fidalgo, presentará en Ourense o libro: "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida".
Será no local de A Galleira (Praza San Cosme - Ourense) a partires das 20h00.
Así o presentan a xente de A Galleira no seu perfil de facebook: "Queres saber de que se fala cando se fala de RBIS? Pasa pola Galleira que logo hai foliada!".
Etiquetas:El sabado 12 de Marzo y en el contexto de un Marzo Feminista, Mary Arrabali (Plataforma Andaluza por la RBis) impartira una charla sobre la necesidad de una Renta Basica desde una perspectiva feminista y comunitaria. Será en el "Er LLano" (C/Tejare, 7) a las 18:30 abierta a toda persona interesada en poder debatir sobre esta importante herramienta de transformacion social.
Despues de la charla se disfrutara de un sabroso y distendido picoteo.
Más información: https://www.facebook.com/events/1577315665919630
Por si quedan con ganas de más Renta Basica de las Iguales, podrán acudir al Rincon de la Victoria el Martes 15 de Marzo a las 19:30 en la Cafeteria La Minima > https://www.facebook.com/events/1697540667190838/?active_tab=posts
Etiquetas:Presentamos o libro Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida, editado polas xentes de Baladre (Coordinación de grupos e persoas cotra o paro, o empobrecemento e a exclusión social). Ver tamén “Renda Básica das Iguais e moito máis”.
Xoves 21 de xaneiro ás 19:30h
na Librería Berbiriana
Rúa Santiago, 7 - Porta Real (A Coruña)
Cunha base firme de traballo continuado durante 30 anos na proposta da Renda Básica das Iguais, realizado polas xentes de Baladre, e motivadas pola necesidade de identificar as nosas aspiracións colectivas, na procura dunhas vidas dignas e plenas, desde o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa. Todo o partillado e aprendido neste tempo está recollido neste libro.
Dámoslle unha volta á centralidade do emprego nas nosas vidas, que cremos que debemos substituir polos coidados, afectos, relacións e participación de xeito equitativo e en equilibrio co medio, para crear esa sociedade á que aspiramos de persoas libres e plenas.
Etiquetas:A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia.
Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala ao ámbito doméstico coma nai e esposa, adicada aos coidados, sen recursos económicos propios e por tanto, dependente economicamente do home.
Para reverter esta situación e facer que a muller sexa libre e dona do seu destino,o movemento feminista ven reivindicando e traballando dende o seu nacemento, para empoderar ás mulleres na loita pola independencia económica e a igualdade.
Pola súa parte a Renda Básica das iguais, entendida como o dereito de toda persoa a percibir do Estado unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades vitais, postúlase como un dos mecanismos para acadar a tan desexada independencia económica así como a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
A Coordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres que dentro dos seus catro campos de acción traballa dende a súa orixe pola Autonomía Económica das Mulleres, expresada non só na capacidade financeira (ser provedoras do seu propio sustento e das persoas que dependen dela), senón tamén no acceso a dereitos en materia de servizos públicos e outros esenciais, como a saúde e a vida digna; xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia que nace como punto de información, con espírito de loita colectiva, para ser unha ferramenta de apoio e denuncia social en materia de dereitos e deberes das persoas, transformadora da contorna máis próxima e do mundo para convertelo en máis xusto, igualitario, e digno; organizan conxuntamente unha charla para dar a coñecer o libro “Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” e debater ao seu remate, sobre a sinerxia entre a loita feminista e Renda Básica das iguais, facéndose alusión tamén a “Guía de Axudas Sociais” (elaborada por este colectivo).
Dita charla terá lugar o vindeiro mércores 13 de xaneiro do presente ano 2016, ás 19:30 horas na Casa das Mulleres, na Rúa Romil 20, de Vigo.
Agardámovos a tod@s!
Etiquetas:Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.
Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.
Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais
: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?
Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.
MARTES 17. Lugo
20h00 - Presentación do libro "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo.
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)
MÉRCORES 18. Compostela
20h00 - Presentación do libro "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo, Mónica Gonçalves e Leticia Casto.
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)
XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)
VENRES 20. Compostela
20h15 -Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)
Máis información:
odscoia.arkipelagos.net
grupodeaxitacionsocial.blogspot.com.es
www.coordinacionbaladre.org
El pasado viernes nuestras compañeras, Mari Fidalgo y Manolo S. Bayona, estuvieron en A Coruña con la gente de Podemos de esa ciudad.
Podéis ver el vídeo de la charla en este enlace: https://www.youtube.com/watch?v=68PVc7HaB7I&feature=youtu.be
Etiquetas:Visitó la ciudad y lo entrevistamos en la Cooperativa Mainumbi. nos deja conceptos claros sobre una forma forma de ver el mundo y actuar en la vida para luchar por los derechos fundamentales del ser humano. Canal 4 Totoras con todos siempre.
Etiquetas:Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico para percorrer terras americanas.
Traballador social de título, pero sobre todo persoa inquieta que desde hai máis de trinta anos participa en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a Renda Básica das iguais.
Etiquetas:
O vindeiro luns 15 de xuño, Manolo S. Bayona, compa de "Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social" estará en Vigo dando unha charla sobre a Renda Básica das iguais.
Será no café "De catro a catro" (rúa Gerona, 16, Vigo) o luns ás 20:00.
Dito evento está organizado por Podemos Vigo Este.
Etiquetas:Analizar las acciones para aprender de ellas es una necesidad de los movimientos sociales por ello la gente de la Marea roja Alacant echamos en falta un análisis global del proceso de la ILP por la Renta Básica. Con la intención de contribuir a ese necesario análisis publicamos este texto de la compa Nano. Un abrazo, la redacción.
Ha pasado un tiempo, más de dos meses, desde que finalizara la recogida de firmas de la ILP por la Renta Básica y se echa en falta un análisis tanto sobre el trabajo realizado como sobre los resultados, un análisis que permita sacar enseñanzas de cara a las tareas que se nos avecinan.
La ILP desde el principio se afrontó de diversas maneras según los colectivos participantes, maneras que podríamos agrupar en dos planteamientos: Uno como una tarea más dentro de un proceso de visibilización de la precariedad, la exclusión y la pobreza, representada principalmente, pero no solo, por los colectivos coordinados en Baladre. Otro como una herramienta destinada a crear una estructura organizativa de personas desempleadas y precarizadas, capaz de aglutinar a la mayoría de ellas.
Desde el principio chocaron ambas posturas, para unas el movimiento contra el paro y la precariedad era un paraguas para desarrollar una acción, la ILP, para los otros era el embrión de un movimiento de masas. Dichas posturas denotaban grandes diferencias en la visión de como afrontar la acción social, diferencias que quedaron patentes a lo largo del casi año y medio que duró el trabajo conjunto.
Por ello era de gran importancia llevar a cabo dicha valoración. Pero analizar los resultados sin conocer los datos concretos por territorios es algo complejo, puede llevar a errores y no permite sopesar cual de las dos posturas tiene más claro el proceso de cambio social tan necesario para acabar con la precariedad, la exclusión y la pobreza, y sentar las bases para un nuevo modelo de convivencia.
El hecho es que los datos conocidos, los que fueron comunicados por los medios que nos dimos de coordinación, corresponden en su inmensa mayoría a territorios donde el peso del trabajo lo llevaron colectivos coordinados en Baladre (Vigo, Santander, Málaga, Canarias, País Valencià, Murcia ) colectivos que, como ya se ha dicho, se plantearon la ILP como un trabajo más, pero que en la medida de sus posibilidades los llevaron a cabo y ahí están sus resultados, genera dudas sobre el planteamiento general de la otra postura, no se conocen sus datos ni han llevado a cabo un análisis de los mismos.
Para los colectivos coordinados en Baladre, los resultados, analizados desde la perspectiva con la que se tomaron la ILP, son bastante positivos, pues gracias a ella la Renta básica ha sido difundida en sus territorios y se ha generado un debate bastante positivo, ha sacado a la luz la realidad de la pobreza y la nula validez de las soluciones planteadas por el sistema.
Mas desde la perspectiva de utilizar la ILP para generar un movimiento de masas, los resultados son bastante decepcionantes, son resultados que no dan opción a ningún movimiento de masas y más si consideramos que la mayoría de los firmantes no fueron personas con intención de militar sino personas que solo ven con buenos ojos la propuesta.
¿Qué ha ocurrido entonces? Es difícil de responder a esta pregunta, pero leyendo el acta de la asamblea del 22 de marzo del Movimiento contra el Paro, la Precariedad y la Pobreza (asamblea a la que los colectivos coordinados en Baladre no acudimos, pues como dijimos al principio no estábamos por la creación de dicho movimiento) podemos intuir algo al comprobar que el primer punto de dicha asamblea, la valoración de la ILP, se pasó por alto, entrando directamente a la creación de una nueva estructura que aglutinará a todas las masas precarizadas del mundo mundial: “La Marea Básica”. Intuición que se corporiza más cuando dos meses después los datos por territorios no han sido publicados ¿habrán hecho el listado? No lo sabemos.
Quizás otra posibilidad sea que el terreno no estaba suficientemente trabajado, que no era el momento para abordar una ILP con garantías. En caso de ser así el planteamiento con el que abordamos la ILP los colectivos coordinados en Baladre (herramienta para enredarnos con la gente, entablar relaciones, introducir una cuña para cuestionar la obligatoriedad del empleo como eje de la vida, etc...) sería el acertado: La ILP como escusa en la que no importaba el resultado numérico, importaba el trabajo realizado, pues como dicen las compas de Vigo, la ILP ha permitido que la Renta Básica, esta herramienta al servicio de la transformación social, diera un tirón y dejara de ser algo marginal para pasar a estar en el centro del debate político.
Llegado a este punto del análisis, lo importante es compartir el trabajo realizado entorno a la ILP para aprender entre todas y sacar conclusiones interesantes. Cuando hablo de compartir insto a todos los colectivos implicados en la ILP ha plasmar con que criterios afrontaron la misma así como los resultados, tanto numéricos como cualitativos obtenidos.
En el País Valencià no existió una coordinación a lo largo del proceso, pero al terminar si se llevó a cabo una Trobada, junto con las compas de Murcia, para hacer una valoración y ver que perspectivas conjuntas se abrían. A la Trobada acudimos 8 colectivos, cinco de ellos coordinados en Baladre (Ca revolta, Camot, El Parke, Cgt Murcia y Marea roja Alacant) y tres no (PAH de Ontinyent, PAH Valencia y Asamblea Precarias Camp de Morvedre) Como conclusión y sin datos generales obtenidos, se planteo trabajar el tema de las Oficinas de Información de Derechos Sociales para anclar la lucha por la renta básica en la realidad concreta de las personas en exclusión.
Sobre los datos, solo puedo informar con cierto detalle de los datos de las comarcas del sur del País Valencia, lo que oficialmente el régimen llama provincia de Alicante, pues los colectivos allí implicados creamos una plataforma de coordinación. Las firmas obtenidas fueron 9.041, unas 5.000 de ellas recogidas en la ciudad de Alacant. En el proceso de recogida, dimos más de 12 charlas, pusimos más de 50 puntos de recogida de firmas (martes Universidad, jueves Servef, dos sábados al mes mercadillos, otros sábados plazas o calles concurridas) en las que principalmente informábamos y debatíamos con la gente. Durante el proceso aprendimos mucho y contactamos con personas dispuestas a colaborar con nosotras en otras tareas. Ahora estamos embarcados en la puesta en marcha de la Oficina de Información y denuncia sobre Derechos Sociales y algunas de esas personas se han puesto a colaborar con nosotras.
Quizás no sean grandes cosas, pero son pasos, pasos que permiten seguir en la lucha, clarificar el proceso. Nos vemos en las calles. Nano
Rematamos en Vigo a campaña estatal da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica (RB). A xente da Oficina de Dereitos Sociais de Coia participamos desde o comezo nesta ILP con varios obxectivos:
Con estas premisas tirámonos ás rúas desde o mes de abril de 2014 até o 14 de marzo deste ano. Xunto á comunidade parroquial do Cristo da Vitoria e a xente do Grupo de Axitación Social (G.A.S.) organizamos varias mesas de recollida de firmas e actos de difusión da ILP. Os barrios populares de Coia e o Calvario, o centro da cidade, a delegación de facenda, o “derbi galego”... foron algúns dos lugares onde recollemos sinaturas até chegar as 2557. En todo o estado a cifra de firmas recollidas estivo próxima ás 90.000.
Porén malia non chegarmos ao medio millón necesario para levar a proposta da Renda Básica ao congreso, a valoración que realizamos os diferentes grupos que participamos nesta iniciativa é moi satisfactoria. Fomos quen de introducir no debate público cuestións como: o desastre das políticas sociais agora duramente recortadas, o colapso dos servizos sociais, a necesidade/urxencia de pasar das rendas de inserción á renda básica, a privatización dos bens comúns, o enriquecemento por desposuimento dunha minoría... Sen dúbida nestes meses a Renda Básica, esta ferramenta ao servizo da transformación social, deu un pulo. Á vista do acontecido temos claro que cada día máis persoas ollan nas diferentes propostas de RB vieiros desde os que camiñar cara outros modos de organizar a vida que sexan máis respectuosos coas necesidades de todas as persoas.
Desde Galiza, e tomando palabras das xentes de Canarias, seguiremos a traballar en lóxicas de reivindicación e denuncia, ocupando as rúas como espazos de loita e visualización da exclusión social e a pobreza e esixindo o fin do sistema capitalista que nos oprime e nos rouba a posibilidade de vivir con dignidade. Seguiremos denunciando que a nosa pobreza é produto dos privilexios dunhas e que o reparto da riqueza que todas as persoas que aquí vivimos producimos, é só cuestión de vontade política e de presión social.
Charla renta básica de las iguales y feminismos. De la centralidad del empleo a la centralidad de la vida. Por Jessica Pérez Díaz de la Asamblea Canaria por el reparto de la riqueza, miembro de la coordinación BALADRE. Charla en el marco del III congreso por el movimiento asociativo de promoción de la igualdad de genero de Gran Canaria
Etiquetas: