V Semana de Loita Contra as Fronteiras

cartelSem nós non se move o mundo! Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo no emprego do fogar

Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.

Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tambén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.

Desta volta abordaremos as fronteiras no aceceso a dereitos laborais, en concreto nun sector ocupado maioritariamente por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados.

A través de traballadoras organizadas nun espacio autónomo imos coñecer a súa experiencia, ben como a laboura que están a facer na asociación e nas redes estatais para derrubar as fronteiras no acceso  a dereitos laborais e sociais como o recoñecemento á prestación por desemprego para esas traballadoras.

A actividade tamén enmarcase no contexto de denuncia das violencias machistas, ao coincidir en data co vinte e cinco de novembro. Fronte a violencia estrutural, económica e laboral á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados a organización e o apoio mutuo son ferramentas de autodefensa fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.

Nos acompañaran Jackeline, Roxana e Nadir da Asociación Sociocultural NOSOSTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos.

Programa

24/11 venres
CORUÑA: Actividade pola maña con mulleres do sector dos coidados e emprego do fogar (por confirmar lugar e horario).
FERROL 19:30hs no Ateneo Ferrolán: Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FOGAR” ás. Con compañeiras da Asociación NOSOTRAS, Luca Chao e Saínza Ruiz.

25/11 sábado
COMPOSTELA 17:00hs no Matadoiro: Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organzación e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar. Dinamizan as compañeiras da ASOCIACIÓN NOSOTRAS.

Etiquetas: