O venres 16 de xaneiro, ás 19.30, teremos no local de CNT Allariz-Ourense a Alicia Alonso Merino a Alicia Alonso Merino, que presenta o seu libro “Feminismo anticarcelario: o corpo como resistencia”. Alicia é membro de Baladre, avogada, experta en sistema penal e activista feminista en dereitos humanos.
Neste libro Alicia analiza como o cárcere afecta ás mulleres, desde unha perspectiva crítica co propio cárcere, xa que “non soluciona ningún problema, nin xera responsabilidade, nin fai a sociedade máis segura”. O actual contexto de inflación das penas e delitos, e a selectividade penal, dan como resultado que “nos cárceres sempre acaben as mesmas: persoas empobrecidas, racializadas e excluídas”. E nas mulleres cébase especialmente, sendo o cárcere unha ferramenta do patriarcado que perpetúa as súas lóxicas e as desigualdades. Por iso, para Alicia “o feminismo ten razóns suficientes para acabar coas prisións”.
Esperámosvos o venres 16, para atrevernos a soñar un mundo sen prisións.
