Con este coloquio queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.
Para abordar todo isto e moito máis contaremos con persoas que participaron en diferentes loitas veciñais para contarnos a súa experiencia e xerar sinerxias na defensa do que é de todas.
Será o xoves 15 de decembro ás 20hs no Espazo Matadoiro Compostela (Praza do Matadoiro, s/n) e partillarán xornada connosco: - Asemblea Aberta de Coia (Vigo)
- Plataforma “Defender o público, a Casa da Xuventude é nosa“ (Compostela)
- Plataforma de Galeras (Compostela)
- Elviña non se vende (Coruña)
- Coordinación de loitas Baladre
Tamén proxectarase o curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma > https://www.youtube.com/watch?v=ISy2Ezu68w0
A modo de guía para o debate, as cuestións nas que consideramos importantes profundizar son: como xurdíu a mobilización? cales foron as dificultades que se atoparon no camiño? e que gañastes ou aprendistes no voso colectivo durante o proceso, reflexións da loita.
Esta actividade organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña “Quérennos soas, terannos en común”, dirixida a aglutinar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. Vai enlace co manifesto e campaña de apoio: https://diegoabsolucion.wordpress.com/2016/12/03/first-blog-post/
- Inicie sesión para comentar