Acción de calle de Lugo Sen Mordazas: #NinguénÉInvisibleEnLugo

Foto de Adra Pallón da serie "12 Horas" recollida nesta fotoreportaxe Publicada en: vivalugo.esVídeo sobre una acción de calle realizada por Lugo Sen Mordazas y varios artistas locales para denunciar la situación de las personas sin techo.

Por supuesto el ayuntamiento rápidamente mandó borrar las pinturas a manguerazos y la gente de limpieza se dedicó a eliminar todo rastro de los muñecos, no fuera a ser que les desluciera el espíritu navideño.

Lugo é a terceira cidade do Estado na que máis porcentaxe de vivendas baleiras hai e tan só conta con un albergue malchamado “Fogar do Transeúnte” de 16 prazas para homes e 4 para mulleres para dar aloxamento en situacións de emerxencia a 20 persoas en total, que deben cruzar a cidade para recoller o seu bono na Comisaría da Policía Local para poder pernoitar e comer no dispositivo. A estadía máxima é de tres días ao mes, tempo no que ningunha persoa pode procurar un teito baixo o que resgardarse, agás o dun caixeiro automático ou soportal. Apenas dous pisos de emerxencia e, con sorte, o pago de quince días nun motel da cidade, se se cumpren os criterios da traballadora social de zona, que por moito que queira, non pode ofrecer nada máis, cunha axenda programada para oito usuarias por mañá, nuns Servizos Sociais municipais insuficientes e colapsados.

Vítimas de desafiuzamentos, vítimas do desemprego, vítimas da violencia machista, vítimas dos abusos, vítimas do sistema capitalista que asoballa e afoga a tantas persoas levándoas ao desamparo, que rematan por fuxir das súas persoais barbaries para atopar refuxio no frío chan de pedra da cidade. Enfermidades mentais, alcoholismo, toxicomanías… son moitas as envolturas e síntomas que padecen as moitas persoas sen teito que atopamos na nosa cidade. Algunhas foron ferramentas desenvolvidas para sobrevivir ao frío, ao medo ou a soidade, no caso doutras foron o inicio do seu desastre persoal.

Un mural dunha persoa durmindo na entrada dos Sindicatos, outro na Praza de Santo Domingo (borrado tan só minutos despois), preto dunha persoa desafiuzada pola banca, e múltiples monicreques coma mulleres e homes que dormen e viven nas rúas en diferentes puntos do casco histórico; así coma cartóns nas principais portas da muralla, foron accións que se desenvolveron na madrugada, mañá e tarde deste 24 de decembro. Xunto a artistas como o "primo de Banksy" e algún outro, quixemos colaborar nesta acción reivindicativa, sen precedentes na nosa cidade, para visibilizar as nosas veciñas sen casa, que si teñen identidade, historia e vida detrás de cada marca da súa faciana, detrás de cada cicatriz nas súas mans, detrás de cada pedra nas súas costas e ás que as Administracións Públicas non saben ou queren darlles resposta.

Porque Ninguén É Invisible En Lugo, non volvas a cara, non mires ao chan, non subas o volume dos teus auriculares e mira. Ao teu arredor hai moitas vidas invisibles que pasan desapercibidas para o Estado.

Non sexas cómplice: olla, escoita, sinte, toca… Son as nosas veciñas.

#NinguénInvisibleEnLugo

Posdata: nada máis ser colocados, algúns dos monecos foron retirados inmediatamente por ordes da Policía Local a traballadores da limpeza de Urbaser. Unha imaxe moi simbólica do "traballo" pola “limpeza social”. Sendo o problema que esta limpeza social acontece cada día coas persoas pobres, non con monecos, pois os pobres estragan a escenografía deste sistema, e peor aínda, a perfecta postal navideña de luces, bolsas e consumo.

Galería de Fotos: http://vivalugo.es/varios/ningueneinvisibleenlugo-accion-contra-a-pobrez...

Etiquetas: