Crónica da concentración para denunciar o mal funcionamento dos Servizos Sociais do Concello de Vigo
Esta mañá ás 11:30 horas medio cento de persoas concentrámonos no Concello de Vigo convocadas pola Oficina de Dereitos Socias-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) para denunciar unha vez máis a indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos aos Servizos Sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a sufragar necesidades sociais tan eleme