Xornadas da Resistencia e a Represión. Vigo
As “Xornadas da Resistencia e a Represión” que terán lugar en Santiago, Redondela e Vigo organizadas por ECOAR))) dende o 16 ao 30 de xuño, buscan analizar distintas problemáticas e situacións derivadas das novas liñas de construción neocolonial que leva consigo a globalización nos nosos días. A violación de dereitos humanos e a opresión de comunidades que se dá nos diferentes territorios acompáñase da construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que implica que millóns de persoas sufran cada día, situacións de violencia contra a súa persoa.