VI Semana de Loita contra as Fronteiras

Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia e Grupo de Axitación Social (GAS) lanzamos a VI Semana de Loita contra as Fronteiras, que organizaremos do 1 ao 3 de febreiro deste 2019 baixo o lema: A Lei de Estranxeiría Mata!

Nesta sexta edición abordaremos o racismo e a violencia institucional contra as persoas migrantes que supón a Lei de Estranxeiría. Unha lexislación que criminaliza, exclúe, invisibiliza, violenta e, en útima instancia, mata. Tal e como denunciaba o ano pasado o Sindicato de Manteros y Lateros de Madrid coa morte de Mame Mbaye vítima do acoso e persecución policial.

Para afondar no impacto da Lei de Estranxeiría sobre os dereitos e liberdade das persoas migrantes, e en xeral para a sociedade, contaremos coa presenza de Sani Ladan (Camerún-Sevilla) e Florencia Brizuela (Arxentina-Barcelona).

Sani Ladan é Mediador Intercultural, especialista en migracións e estudante de Relacións Internacionais na Universidade Loyola Andalucía. É activista polos dereitos humanos e integrante da Asociación Elín (Ceuta).

Florencia Brizuela é avogada, Mestrado en Cidadanía e DDHH, Doutora en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Barcelona. É activista e traballa con temáticas como os feminismos contrahexemónicos, interculturalidade e interseccionalidade, empregando entre outras ferramentas o Teatro das Oprimidas. É co-autora do libro "Descentrar la mirada para ampliar la visión. Reflexiones en torno a los movimientos sociales desde una perspectiva feminista y antirracista" publicado o ano pasado pola Editorial Descontrol.

Programa da VI Semana de Loita contra as Fronteiras:

VENRES 1 febreiro

COMPOSTELA – 20h – Casa do Matadoiro. Palestra: “Lei de estranxeiría e racismo estrutural” a cargo de SANI LADAN

VIGO – 20h – Cova dos Ratos. Palestra: “Lei de estranxeiría e racismo estrutural” a cargo de FLORENCIA BRIZUELA

SÁBADO 2 febreiro

COMPOSTELA – 17:30 – Casa do Matadoiro. Conversatorio e merenda: “Mulleres migrantes partillando experiencias” con FLORENCIA BRIZUELA e mulleres do sector dos coidados.

A CORUÑA – 18:30 – Local de A.V.V Agra do Orzán. Palestra: “Lei de estranxeiría e racismo estrutural” a cargo de SANI LADAN

DOMINGO 3 febreiro

COMPOSTELA – 16:30 – CSA Casa do Sar. Obradoiro: “Descentralizar a ollada para ampliar a visión. Racismo e privilexio branco nos espazos feministas” a cargo de FLORENCIA BRIZUELA en colaboración con Resistencia en Terra Allea.

Galería de imágenes, haz clic sobre la imágen: 

Etiquetas: