Xunta

Lunes 24: Acto de entrega colectiva delo Ticket Eléctrico en la Xunta

Compartimos esta convocatoria cidadá que animan a facer unha entrega colectiva do Ticket Eléctrico na Xunta de Galicia en Vigo.

O acto será o LUNS 24 novembro a partires das 11:00 na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Achegamos a nota de prensa:

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL da Xunta: a pobreza enerxética como propaganda

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desprega políticas sociais miserentas e ineficaces, nesta ocasión coa convocatoria dunha subvención para o pagamento da enerxía eléctrica: o chamado TICKET ELÉCTRICO SOCIAL.

Crónica de la concentración en la Xunta denunciando las discriminaciones a las personas migrantes en el acceso a la RISGA

Ningunha persoa sen dereitos! Foi un dos berros máis repetidos esta mañá na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo.

Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas migrantes comunitarias no acceso á RISGA.

As restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación: devolucións en quente, redadas, deportacións masivas... No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Suscribirse a RSS - Xunta