Xornada de formación: Renda Básica das Iguais (RBis)
O colectivo STOP Desafiuzamentos A Coruña, en colaboración co #15M de Monte Alto, vimos de organizar unha xornada de formación sobre a Renda Básica das Iguais (RBis), é dicir, sobre o dereito de tódalas cidadás e cidadáns a recibir uns ingresos periódicos, que garantan as coberturas das nosas necesidades materiais independentemente de cal sexa a nosa situación dentro da esfera produtiva.
Esta formación será impartida por persoas integrantes da coordenadora de colectivos Baladre, e terá lugar mañá, venres 7 de febreiro, de 16.30h. a 20.30h. na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, A Coruña).