proyección

Vigo. Proxección “O mundo segundo Monsanto” en Xuntas

cartel“O mundo segundo Monsanto”: O mércores 20 de novembro, ás 20.00 h.

Documental de 2008 de Marie Monique Robin sobre a multinacional Monsanto, a historia da compañía e os seus produtos comerciais: como o ‘PCB’, os ‘OGM’, o Axente Laranxa, a Hormona bovina ou Somatotropina bovina e o seu popular ‘Roundup’ (Glifosato). Monsanto é a líder mundial dos ‘OGM’ (organismo xeneticamente modificado). Dende a súa creación en 1901, a firma acumulou procesos xudiciais por envenenamento ou contaminación. Para impoñer o seu mundo ‘OGM’, Monsanto infiltrouse nas principais esferas científicas e reguladoras.

Proxección de documental e mesa da campaña "Vivir dignamente é un dereito" na Festa A Bouza 2013

cartelODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria, Movemento Cidadán "O noso barrio", Rueiro e Dorna convidamos a que participedes nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2013.

Dentro das actividades programadas nos destacamos dúas, unha o venres e outra na propia data da festa, o sábado 15:

  • Proxección do documental “Con el Corazón en la Calle" e coloquio, venres 14 ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).
  • O documental rodado en Zaragoza "narra en primera persona y hablando desde el corazón las experiencias de un grupo de personas vinculadas a diferentes movimientos sociales entre el año 1975 y el año 2000. Centrando la atención más en el cómo y el porqué que en el cuándo y en el cuánto, el documental pretende ofrecer una mirada personal y subjetiva a la historia de las luchas sociales de estos 25 años de transición ‘pacífica y democrática’.
Suscribirse a RSS - proyección