Solidariedade con Emilio. Concentración venres 3 de outubro as 20h Vigo

cartelConcentración el viernes 3 de octubre a las 20h en el Marco en Vigo, en solidaridad con Emilio, en huelga de hambre contra las torturas en la carcel de A Lama desde el 14 de agosto.

Emilio Sánchez del Peso, está en FOLGA DE FAME INDEFINIDA dende o 14 de agosto en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir xs presxs no Búnker, o módulo de illamento do cárcere de A Lama, Pontevedra.

Emilio é un preso común, integrante da Campaña Cárcere=Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para saír en liberdade total despois de máis de 10 anos de presidio, pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2o grao. Sen embargo, si que pasou moitas veces polo illamento; a última vez que estivo no búnker foi pouco antes de morrer Gaviotu, fai algo máis de 2 meses e medio, denunciando aquela vez o que para el fora un asasinato.

Farto de ver e padecer a brutalidade do sistema penitenciario e despois de ser sancionado e comprobar as torturas que neses mesmos días lles estaban a aplicar a outrxs presxs, decidíu esta radical e última forma de protesta: A FOLGA DE FAME INDEFINIDA!!

Os obxectivos desta acción son:

  • Deixar claro que segue habendo presxs que loitan pese ás dificultades extremas e á represión brutal á que se enfrontan.
  • Aportar, unha vez máis, un exemplo claro de loita que poida ser aproveitado polxs activistas dos dereitos humanos e a poboación activa en xeral, para difundir e visibilizar as condicións lamentables en que se atopa a poboación reclusa.
  • Aportar o seu gran de área ao debate das novas accións a realizar polxs presxs conscientes, como pequeno empurrón á campaña contra os tratos degradantes, malia saber que esta acción non é a única forma nin a máis idónea.
  • Visibilizar ante os medios de información e ante as institucións públicas que deberían velar polos dereitos das personas en internamento pechado, a realidade de malos tratos e indefensión xurídica e social dentro das prisións.

Con este acto denuncia:

  • As torturas e malos tratos habituais, sobre todo en illamento.
  • A connivencia do servizo sanitario ante as torturas e malos tratos, así como a pouca humanidade dalgúns traballadores sanitarios.
  • A inactividade do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria na defensa e garantía dos dereitos das persoas presas.
  • A pasividade das institucións públicas ante os atropelos aos dereitos dxs presxs,
  • A ineficacia das denuncias de torturas que son constantemente arquivadas.
  • A inexistencia de tratamento penitenciario, actividades, ximnasio, traballo, etc., sobre todo en módulos pechados....
  • As sancións encubertas (deixarte sen as túas cousas, saír só ao patio, non procurarche menciñas, etc....).
  • As coaccións ilegais como a intervención sistemática do correo, incomunicar á/ao presx coa súa contorna social, as continuas ameazas dos carcereiros con sancións ou a dificultade para obter beneficios penitenciarios.
  • O mantemento de grao perpetuo.
  • O alongamento de condeas e a cadea perpetua encuberta.
  • O elevado número de mortes nos cárceres.
  • A represión cara a todxs aquelxs que denuncian as inxustizas e vulneracións de dereitos dentro das cárceres.
  • A explotación laboral.
  • O silencio mediático, etc. etc....

ÁNIMO EMILIO!

Etiquetas: