Listaxe de actividades das Xornadas Anti-Represivas

cartelQueremos apresentar e animarvos a participar nas actividades que van ter lugar na cidade de Ourense durante todo o mes de Xuño e que atravesarán sobre diferentes soportes divulgativos e participativos a represión

Presentación:
 As Xornadas Anti-Represivas xorden como un proxecto entre xente de diferentes colectivos e movementos.Como resposta perante a necesidade de divulgarmos as formas de represión (vellas e novas) que, a día de hoxe, ameazan as liberdades do pobo. Precisamos, logo, de ferramentas para as combater con éxito, pois onde hai loita hai esperanza, mais tamén pontos de represión que habemos superar tecendo redes de apoio.
+Info https://xornadasantirepresivas.wordpress.com/2015/05/25/hola-mundo/

1. Charla ‘A Tortura como Negocio’ a cargo de Santi Cobos, 22 anos preso en réxime FIES (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco). Ampliar aquí

2. Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de xunho, das 16 ás 20 horas, Bar Grándola). Ampliar aquí

3. Palestra ‘Lei Mordaza e Código Penal’ a cargo da avogada Iolanda Ferreira de Esculca. Ao rematar, Ceador Vegano Concertos de Argallada e As +Turbadas (13 de xunho, 18:30 horas, A Kasa Negra)

4. Palestra ‘O estudantado no ponto de mira’ de man dos estudantes represaliados e dxs avogadxs da defensa (16 de xunho, 19:30 horas, Biblioteca Nodal). Ampliar aquí

5. Obradoiro de efectos psico-sociais da represión. Control Social, Medo e Estratexias para a Acción (18 de xunho, 17- 20’30 horas, Escua). Ampliar aquí

6. Proxección na rúa do documentario Ciutat Morta (25 de xunho, 22 horas, Praza de Saco e Arce). Ampliar aquí

7. Performance polo Día Internacional de Apoio ás Vítimas da Tortura (26 de xunho, 20 horas, Praza do Ferro)

8. Día que entra en vigor a Lei Mordaza. Teatro dxs Oprimidxs (1 de xullo, 20 horas, Praza do Ferro)

Etiquetas: