Documental imprescindible e sinaturas contra a impunidade no caso Carioca, Lugo

Non sei se xa coñecedes o caso Carioca, un dos máis escandalosos da corrupción en Lugo, e que están tentando tapar posto que están implicados todos os estamentos de poder (xuices, empresarios, policía local e políticos) e algúns son os mesmos que están implicados noutros casos de corrupción (Pokemon, Campeón...)

Unhas mulleres valentes de Lugo formaron unha plataforma contra a impunidade do caso Carioca e fixeron este documental (Benvidas ao club) no que se conta todo o que se pode contar...:

Benvidas ao club. from Carmen PG Granxeiro on Vimeo.

Ademais están recollendo sinaturas contra a impunidade e para que a Xunta se persone como acusación particular:

https://www.change.org

De modo que anímovos a ver o vídeo, a asinar e a difundir.

Etiquetas: