RISGA

Presentación da campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito"

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva, pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito". Será o luns 10 de decembro ás 11:30 en:

Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.

Abanca icumple la ley con los embargos de RISGA

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas.

La Xunta pretende esconder la miseria de la RISGA con contratos precarios

A Xunta nola quere xogar coa RISGA. Van de preocupadas pola inclusión social anunciando novas medidas, pero o único que fan e engordar o número de persoas que sofren o empobrecemento e a precariedade. Anunciaron hai unhas semanas 1.000 contratos para perceptoras da RISGA. Igual que o ano pasado, e con cartos chegados de Europa, a Xunta subvenciona cunha dotación de 10.000.000 de euros, as nóminas e as cotizacións á Seguridades Social para que os concellos contraten a persoas que estean a cobrar a RISGA.

A Xunta manda inspectores aos domicilios dos perceptores da RISGA na procura de fraude

Above. Festival Asalto. ZaragozaA Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

Crónica da concentración: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!

Esta mañá varias ducias de persoas concentráronse ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) para denunciar a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan á unha cidadanía cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

Baixo o lema: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!, esixiron que os presupostos se centren dun xeito prioritario en dar unha resposta xusta e inmediata á situación de emerxencia social que padecen cada vez un número maior de galegos e galegas, en lugar de ser malgastado en proxectos que nada teñen que ver coas necesidades reais e fundamentais de todas as persoas.

Suscribirse a RSS - RISGA