Ciclo de Xornadas “Lugo Sen Mordazas: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva”

cartelA Plataforma Lugo Sen Mordazas creouse na primavera de 2018 para frenar a iniciativa do Concello de Lugo de establecer unha normativa mal chamada “cívica” que se caracterizaba por ser regresiva, discriminatoria e represiva para a cidadanía, e buscaba frear a organización popular e agochar os problemas sociais do municipio, mediante unha clara criminalización da pobreza, en lugar de buscarlles solución.

Recentemente conseguimos frear a aprobación desta ordenanza, pero non abandoaremos o traballo que nos trouxo ata aquí, posto que en calquera momento pode volver xurdir unha proposta similar desde as forzas políticas municipais, e tamén porque, aínda sen esa ordenanza, detectamos multitude de mordazas ás que a cidadanía debería facer fronte.

Enmarcadas nos obxectivos actuais estamos a programar un CICLO DE XORNADAS “Lugo Sen Mordazas: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva”, que arrancará coas I Xornadas: Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización, a celebrar en Lugo, nos locais da Casa Sindical (Ronda da Muralla, nº 58), en dúas xornadas, os sábados 24 de novembro e 1 de decembro de 2018.

Tratarase dun espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor do modelo de cidade que queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social.

Tedes toda a información aquí: https://lugosenmordazas.noblogs.org/category/eventos/

Pero tamén envío en arquivos adxuntos o Cartel destas I Xornadas e o Programa con algo de información das intervencións que van ter lugar, e que semella que serán moi interesantes e esclarecedoras para coñecer mellor o entorno no que nos movemos nos temas que se van tocar.

Agardamos a túa participación!

Galería de imágenes, haz clic sobre la imágen: 

Etiquetas: