ODS-Coia

Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.

#AugaParaTodas

fotoA auga é un dereito básico. O acceso a este servizo non debería estar en mans de empresas privadas, que fan negocio mentres a administración se desentende e non se garante que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.

Indepedizarse do Capitalismo

É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo? Que futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el? Estas cuestións e moitas outras sobre a situación socio-económica e política actuais e posibilidades futuras, abordarémolas con Josep Manel Buesqueta, Albert Sales e Clara Griera na mesa redonda: “INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas” organizada pola ODS-Coia, o GAS e a distribura Lapsus o VENRES 1 de abril ás 20:00 no local da coopertiva Árbore (R/ López Mora, 30 - Vigo).

Na mesa participarán: J. Manel Busqueta, economista membro Seminari d'Economia Crítica Taifa e exdeputado da CUP.

- Albert Sales, politólogo e sociólogo, profesor da UPF e investigador no eido da loita contra a pobreza e a desigualdade.

- Clara Griera, integrante da cooperativa l'Olivera de Vallbona de les Monges e da CUP de Bellpuig.

Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA #LuzAugaGasparaTodas

Os dereitos non se agochan tras esmolas. Semella que a Xunta de Galicia, igual que o Concello de Vigo, non o queren entender e afánanse en agochar a pobreza enérxetica con  parches propagandísticos, miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias do noso país.

Para nós a miseria e a precariedade que provoca a privatización de dereitos básicos, convertidos, hoxe, en produtos de consumo sometidos ao mercado e non ao interese colectivo. Dereitos tan elementais como: poder vivir con luz, quentar os nosos fogares, ducharnos ou quentar a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora dos mercados. E mentres nós sufrimos a violencia dos cortes de luz, as grandes empresas enchen os petos facendo negocio coas nosas necesidades.

Ante isto a ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. convocamos unha concentración, o xoves 4 de febreiro ás 11:30, ás portas da Delegación da Xunta en Vigo para esixir suministros básicos para todas!

[Vigo] Jueves 15 - Presentación de la GUÍA de AXUDAS SOCIAIS

O XOVES 15 de outubro PRESENTAMOS a GUIA de AXUDAS SOCIAIS. Información ao servizo das persoas! en VIGO. Será no C.S.O.A. A QUINTA da CARMIÑA (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social.

A semana pasada contábamos que chegaban as caixas cos centos de guías. Agora comezamos outra etapa: espallar esta guía para que sirva de ferramenta na loita por conservar e ampliar os dereitos sociais para todas. Queremos que a lean, a reflexionen, a compartan... aquelas que padecen con máis dureza o empobrecemento na súa vida cotiá.

Colamos unhas letras da xente de Berri-Otxoak que empregamos de introducción da guía:

O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde…

Venres 18 - Acto: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros

cartelA ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o VENRES 18 de setembro un ACTO baixo o lema: RESCATEMOS ás PERSOAS, NON aos APARCADOIROS. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30.

Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.

16 xuño - Presentación do libro "En la espiral de la energía"

Achégase a fin dun mundo... a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luís González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Vigo para presentar "En la espiral de la energía", un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra comezada a dúas mans por el mesmo xunto a Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.

#ChequeSocial: el ayuntamiento de Vigo institucionaliza la caridad

En plena campaña electoral, o goberno municipal convoca o “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.

Perante isto, non temos máis que denunciar, non só o momento da convocatoria, se non, sobre todo a miseria e ineficacia das Políticas Sociais que existen neste Concello e das que Caballero nunca fala. Falan os feitos destas políticas:

- Colapso do departamento: até dous meses de atraso por unha cita coa traballadora social, incumprimento de prazos de tramitación de axudas como a RISGA, etc.

- Peche do programa Sereos, o cal foi substituído por un autobús na zona de Jacinto Benavente que foi caer nas mans de Érguete.

28/04 - Ningún negocio coas nosas necesidades! Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico

cartelA ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema: “NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Miércoles 18 - Concentración: Frente a la limosna de las ayudas del Concello, exigimos derechos sociales!

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

A solicitude denegada foi presentada o 02/07/2014 e o 14/11/2014 ditouse resolución denegando a mesma por dous motivos

Juicio al Concello de Vigo por el desastre de las #AxudasEmerxenciaMunicipais

Chegamos ao xulgado, a onde queríamos. O 29 de xaneiro de 2015 celebrouse o primeiro xuízo, no Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, contra o departamento de Benestar Social do Concello de Vigo por mor das Axudas de Emerxencia Social (AEM). Bea, compañeira da ODS-Coia, demandou ao Concello da cidade pola denegación de dúas AEM.

Crónica rápida de la tarde ayer en Vigo #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA

fotoGran rueda de prensa en la parroquia! La imagen muy potente con la carga simbólica de hacerla en la iglesia y con la cantidad de gente diversa acompañando.

Después hicimos asamblea muy numerosa en la que decidimos subir a la rotonda. En la rotonda, había por lo menos 30 policías locales, del tipo "antidisturbios" tanto dentro como rodeandola

Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

La ODS-Coia empieza el 2015 con el estreno de una nueva herramienta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das personas!

La podéis descargar en este enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Por el momento sólo en formato digital, pero en breve intentaremos tenerla en papel!

Dejamos introducción de la misma para que os hagáis una idea de lo que encontraréis en estas 27 páginas.

Las compas de Berri-Otxoak lo dicen así: infórmate, reúnete con otras personas y defiende los derechos sociales!

Páginas

Suscribirse a RSS - ODS-Coia